Barriñas enerxéticas made in "na casa"


Déixovos unha receitiña de barriñas enerxéticas caseiras. Unha idea para un almorzo saudable. Quen se anima?


Ingredientes:
 - Cereais ao gusto: poden ser mestura de cereais, arroz inflado, muesli, avea, centeo… (En caso de celiaquía elixir aqueles aptos como o arroz inflado ou o millo sen trazas.)
 - Froita deshidratada (sen azucre engadido): pasas, ameixas, kiwi, plátano, amorodos…o que máis nos guste
 - Froitos secos naturais e crús: abelás, noces, pistachos, anacardios…, os nosos preferidos. - Sementes naturais: chía, sésamo, xirasol, cabaza…
 - Mel natural. Servirá para aglutinar a mestura e achegar enerxía sen necesidade de azucre engadido.
 - Pebidas de chocolate. Mellor se é chocolate negro xa que contén menos azucre e o mel xa é doce bastante.
 - Un chisco de sal que potenciará o sabor e engadirá un extra de sodio.
 Parécenvos moitos ingredientes? o bo é que non hai por que usalos todos. Esta receita podédela adoptar ao que máis ou guste e/ou o que teñades a man. E pódese innovar con ela tanto como se queira.

 Elaboración:
 Primeiro incorpora todos os ingredientes secos e comeza a poñer mel de cullerada en cullerada, removendo e integrando a masa para mesturar ben. Tan só é necesario ligar os ingredientes, así que non temos por que agregar en exceso. Estende sobre papel filme para facer un rolo e despois dálle forma plana e ir cortando o tamaño desexado de barra. Agora tan só terá que ir ao conxelador para que se endurezan. Tamén existen moldes de silicona (moitos con motivos divertidos para os máis pequenos) aptos para tal fin que evitarán o uso do plástico filme 😉 Unha vez endurecida poderás conservalas na neveira dentro dun recipiente hermético ata dúas semanas. A gozar!

Comentarios